A empresa ANÍBAL BLANCO SL nace nos años 70, como empresa de transportes nacional, sendo o seu fundador D. Aníbal Blanco González, avó dos actuais accionistas.
ANÍBAL BLANCO SL é unha empresa familiar cuio accionariado está composto por D. Aníbal Blanco Vila e por D. Manuel Blanco Vila. Ambos accionistas son irmáns e desempeñan o cargo de xerentes, centrándose o primeiro nas funcións de carácter comercial e o segundo nas tarefas derivadas da xestión de compras.
A principios dos años 90, comeza a prestar servicio de transporte internacional.
En 1994 comeza a incorporación da segunda xeración familiar á empresa.
En 1995 a empresa comeza con seu plan de expansión coa adquisición de transportes frigoríficos MARLAVI.
En 1997 crease a área loxística da empresa.
Do 2001 ó 2004 desenvólvese un novo plan de internacionalización e crecemento, ca apertura de 3 novas plataformas loxísticas, en España e Francia.
En 2002 Aníbal Blanco SL certifícase ca norma ISO 9001.2000.
En 2006 inaugurase a nova plataforma loxística para Galicia con 17000 m2 cubertos e 42000 m2 de superficie total no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas de Ourense.
ANÍBAL BLANCO SL pertence ó CLUSTER DE EMPRESAS DE AUTOMOCIÓN DE GALICIA (CEAGA).